martes, 5 de octubre de 2021

VOLTAMOS CO PROGRAMA “RECREOS RESIDUOS CERO”

A primeira "R" da ecoloxía é a REDUCCIÓN e os docentes temos un papel importante incentivando a reducción de residuos dunha forma sinxela entre o noso alumnado.

Por segundo ano, dende Teachers for Future Spain, participamos no programa "RECREOS RESIDUOS CERO" que consiste en motivar o alumnado para que nas merendas no haxa residuo, ou o mínimo posible. Por iso deberán usar envases retornables como fiambreiras para sólidos e botellas de aluminio para a auga a fin de eliminar as botellas de plástico e os envases dun só uso coma plásticos, papel de aluminio, etc...